Aquí os dejamos información sobre, eventos y actividades, que se harán en la comarca del Ortegal; Ferroltera y A Mariña:
SEMANA SANTA 2023
VERANO 2022
15 y 16 de Julio. Cariño
Destacar como atractivo turístico as Alfombras Florais da vila, que destacan pola súa singularidade, e dimensións, un gran tapiz de aproximadamente 3.600 metros cadrados, dende a igrexa parroquial ata o porto.
A súa singularide reside en que cada ano ten como fío conductor unha temática, que en moitos casos resulta ser do máis orixinal, afastándose das máis habituais neste tipo de representacións e facéndoo cada ano distinto, irrepetible e único.
Unha tradición que se reinventa mirando ao presente e ao futuro, pero sen esquecerse do pasado. Comics e videoxogos, popart, selos do mundo, obras de artistas mariñaos , alfombras persas, a cerámica de Sargadelos, Disney, cine e Hollywood, a historia e a súa evolución , oficios tradicionais… foron obras plasmadas para o paso da Virxe do Carme, tan venerada na vila mariñeira.
Este ano a temática será “POLAS FESTAS QUE PERDEMOS” (nestes anos de pandemia), e irán adicadas a todas aquelas festas populares locais, mariñás e galegas que nas que non nos puidemos reunir e que agora se volven a recuperar. San Froilán, A Maruxaina, os Chóferes de Alfoz, a Festa Indiana de Ribadeo, San Xoán, o Entroido de Verín, a Feira do Bonito, a Festa Castrexa, Osa do Mar, son algunas das festas que estarán representadas.
Creacións artísticas efémeras, pero cun traballo de meses detrás nos que se implica todo un pobo. Obras de gran valor, destreza e creatividade, que de seguro merecen unha visita que sorprenderá.
Tamén destaca a procesión maritíma do domingo pola mañá pola súa arraigada tradición e colorido.